Portada » Espectáculos »

O montacargas
SINOPSE
Esta comedia é unha adaptación ao galego da obra The dumb waiter, escrita en 1957 por Harold Pinter e encadrada no teatro do absurdo. Narra a situación de Ben e Gus, dous asasinos a soldo pechados nun cuarto á espera de misteriosas ordes da organización. A través dun montacargas comezan a chegarlles mensaxes e pedidos que parecen ser un xeito de comunicación. O único que saben da súa futura vítima é que aparecerá dun momento a outro.
Estreado en Ribadavia no 2019
EQUIPO
- Autor
Harold Pinter - Dirección
Evaristo Calvo - Intérpretes
Federico Pérez e Santi Romay - Espazo lumínico
Octavio Más - Espazo sonoro
Pablo Seoane - Deseño de escenografía
María Roja - Produción en xira
Iago Cañete





