Portada » Espectáculos »

Coleccionistas: a arte feita comedia
Marcos Pereiro · Oswaldo Digón · Santi Romay
SINOPSE
Unha comedia didáctica, unha clase de arte chea de humor, unha función participativa e unha auténtica homenaxe á improvisación. Cada función é única e diferente á anterior.
Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay conducen unha poxa de obras de arte, coa ambientación musical de Cristian Leggiero, na que o público escolle sobre que cadros quere coñecer todos os segredos. E, por suposto, poxará para levar a obra para a súa casa.
Estreado na Illa de Arousa 2018
EQUIPO
- Dirección
Oswaldo Digón - Intérpretes
Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay - Espazo sonoro
Cristian Leggiero












