Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón poxarán curiosas esculturas este luns en Castelo
Nunha función inédita do espectáculo ‘Coleccionistas’, na que Federico Pérez substituirá a Santi Romay, os cómicos improvisarán sobre un amplio catálogo de obxectos dos veciños de Castelo, e construirán a partir deles curiosos sketches.

Os mellores coleccionistas de arte do noso país danse cita este luns a Castelo. En concreto á casa de López, en Castelo de Abaixo. O seu obxectivo, proceder cunha das poxas máis importantes das últimas décadas. Determinados obxectos e esculturas, que permanecen nas casas dos veciños desta parroquia cullerdense desde tempos inmemoriais, formarán parte dunha poxa irrepetible.
Marcos Pereiro, Federico Pérez e Oswaldo Digón relatarán dun xeito moi especial a historia de cada unha das esculturas antes de proceder á poxa. A cita está prevista para as 20.30 horas, e forma parte dos seráns do festival Castelo Conta, que durante toda a semana enche de actividades o pobo de Xosé Antonio Touriñán. A entrada será de balde.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.


