Portada » Espectáculos »

PRÓXIMAS DATAS:
O concerto de Bibopalula
SINOPSE
As cancións da serie musical en galego Bibopalula chegarán ao escenario da man de Isabel Garrido (voz), que interpretará os temas da súa banda sonora xunto a Luis Lago (piano), Graciela Carlos (batería) e Pedro Placer (guitarra), nun espectáculo pensado para gozar en familia.
O papaventos, Surfing Poza e O terremoto son algunhas das cancións que farán cantar e bailar aos máis pequenos e pequenas da casa, nun concerto que reúne os temas máis coñecidos da serie levándoos ao directo para compartir en familia.
Robin, Merli, Pegui e Carpin reencóntranse coa cativada nunha viaxe chea de música, natureza e imaxinación, levando ao escenario o universo da Banda do Bosque e as cancións da primeira serie musical en galego.
EQUIPO
- Formación
Isabel Garrido
Pedro Placer
Luis Lago
Graciela Carlos - Director
Sergio Zearreta - Produción executiva
Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa - Arranxos
Santi Jul e Iván Laxe - Técnico de son
Gonzalo Porteiro - Produción
Elisa Martínez
Miguel Vázquez
Alba Gilda
Marta García - Comunicación
Ana Mariño - Fotografía
Aigi Boga - Vídeo
Einibó - Equipo de Ainé
Laura Canto
Pablo Goirigolzarri
Icía López
FOTOS
NOTICIAS RELACIONADAS
HISTÓRICO DE ACTUACIÓNS
| Data | Localidade | Lugar |
|---|---|---|
| 29 Ago | Castelo (Culleredo) | Castelo Conta |
| 8 Ago | A Coruña | Xardíns de Méndez Núñez |
















