Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público

A nova ferramenta incorpora unha vía de comunicación coa audiencia que permite consultar a actividade da produtora desde o móbil. A iniciativa facilita o acceso á información sobre os espectáculos e ofrece un espazo para seguir as novidades e os proxectos en marcha.

Aplicación móbil de Ainé. Fotografía: Aigi Boga.

Ainé estrea unha aplicación móbil que reúne nun único espazo información sobre a súa actividade, a programación de espectáculos e os contidos relacionados cos seus proxectos. A ferramenta permite consultar as próximas funcións, acceder á compra de entradas, ler as últimas noticias e ver fotografías e vídeos dos espectáculos, entre outras opcións.

A aplicación está organizada en diferentes seccións que facilitan a consulta dos contidos. Na pantalla de Inicio recóllese unha selección da actualidade da produtora, con información sobre as próximas funcións, as noticias recentes e os espectáculos que están en xira.

O apartado Axenda reúne todas as funcións programadas e permite filtrar os resultados por artista, espectáculo ou localidade. Cada data inclúe un acceso directo á compra de entradas, de maneira que o público pode localizar as representacións que lle interesan e consultar a dispoñibilidade das mesmas.

A aplicación inclúe tamén un acceso directo á canle pública de WhatsApp de Ainé, a través da que se compartirán novidades, información de interese e actualizacións sobre a actividade da produtora. Esta opción permite recibir as comunicacións nun espazo propio, complementario á web e ás redes sociais.

Esta ferramenta forma parte do traballo de Ainé por facilitar o acceso á súa programación e mellorar a comunicación co público. A aplicación de Ainé xa se pode descargar de balde en dispositivos iOS e Android.

Entrada anterior
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
Seguinte entrada
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.