‘Fariña’ seguirá en Madrid ao menos ata o 9 de maio
A adaptación ao teatro da obra de Nacho Carretero represéntase no Teatro Cofidís Alcázar cada fin de semana desde decembro, con sensacionais datos de asistencia de público, nos límites que marcan as restricións pola crise sanitaria.

Camiño dos catro meses en cartel no centro de Madrid, ‘Fariña’ segue sumando prórrogas no Teatro Cofidís Alcázar grazas á resposta do público. Ata o 9 de maio, ao menos, estará a adaptación da obra de Nacho Carretero, dirixida por Tito Asorey, programada cada fin de semana na rúa Alcalá.
A promotora Letsgo Company, xunto coas produtoras de Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán, anunciaron esta fin de semana esta nova prórroga, que permitirá ao espectáculo achegarse ás 100 representacións desde o mes de decembro.
As críticas nos principais medios de comunicación e revistas especializadas, xunto coas opinións do público nas redes sociais, seguen gabando o traballo de Tito Asorey na dirección do espectáculo, xunto coa interpretación do elenco de actores formado por Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta, Cris Iglesias, Melania Cruz, Víctor Duplá e Borja Fernández.
Espectacular la adaptación teatral de la obra de @NachoCarretero, FARIÑA.
— Carlos G.R. (@CGabisch) March 14, 2021
Una brillante interpretación de cracks como @xatouri y cia, con las diferentes interpretaciones con tan solo cinco actores, los cambios de escena y brindando ese toque galego a la perfección.
Mi 10 👏🏽
El otro día vi ‘Fariña’ en el @TeatroCofidis. Me pareció fabulosa. Si el libro de @NachoCarretero ya es bueno, sobre las tablas del teatro le dan una vuelta magnífica. No me esperaba reír tanto a la vez que se comprueba cómo de jodido está todo con la droga. Muy recomendable. pic.twitter.com/5FNeLDzIS1
— Fernando Navarro (@fernavarro17) February 22, 2021
Fariña mantén os seus horarios habituáis de funcións, cada fin de semana, os venres ás 19.00 horas, os sábados ás 17.30 e ás 20.00 horas, e os domingos ás 18.00 horas. As entradas poden adquirirse a través de www.farina.gal.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


