Marta Hazas e Xosé A. Touriñán compartirán “Rutas Bizarras” esta primavera en La 2
Un percorrido por lugares sorprendentes da xeografía da Península que non é doado atopar nas guías turísticas de referencia. O programa chegará ao prime time da segunda canle de TVE despois da Semana Santa.

Marta Hazas e Xosé A. Touriñán bótanse á estrada esta primavera. O obxectivo: coñecer algúns dos lugares máis extravagantes do territorio peninsular, aqueles que a ninguén se lle ocorrería recomendar, e que poucos terán previsto visitar.
Rutas Bizarras é o nome desta viaxe televisiva que La 2 de Televisión Española estreará á volta de Semana Santa, e que levará á actriz cántabra e ao actor e cómico galego a coñecer non só lugares peculiares, senón tamén ás persoas anónimas que os habitan. Visitas en ton de humor para coñecer o máis peculiar e inverosimil dos lugares que nos rodean.
Sunrise Pictures produce para TVE esta nova aposta de humor e viaxes para o prime time da segunda canle, dixirida por David Marqués, guionista de Campeones e director de Dioses y perros o Diarios de la cuarentena.
Próximamente… pic.twitter.com/oYC7miPHDV
— Xosé A. Touriñán (@xatouri) March 22, 2021
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Portas cunha xornada adicada aos oficios, a poesía e a música
A Fábrica da Azucreira acollerá este sábado unha programación con demostracións de cestería, costura e tornería, un recital poético e un concerto da banda infantil da Escola de Música de Portas.
Ainé súmase á WordCamp Galicia 2026 como patrocinadora bronce
A produtora súmase á WordCamp Galicia, que se celebrará na Coruña do 16 ao 18 de outubro. Unha colaboración vinculada ao uso de WordPress nas webs de Ainé e os seus espectáculos.
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.


