‘Fariña’ continúa a súa xira con máis de 20 datas confirmadas
A obra, producida por Xosé A. Touriñán e Nacho Carretero, arrincou o pasado agosto en Xixón esta xira 21-22
Pasará por 9 Comunidades Autónomas nos próximos meses

Logo da estrea en Xixón, Fariña retoma esta fin de semana a xira 2021-2022 en Pamplona. O escenario do Teatro Gayarre recibirá a obra baseada no libro de Nacho Carretero o día 18 de setembro. Será a quinta Comunidade na que faga parada o espectáculo, logo da estrea en Galicia e os seus pasos polos teatros de Madrid, Barcelona e Asturias.
A estancia en Xixón serviu tamén de presentación dos novos membros do elenco de Fariña. Marta Lado, Oswaldo Digón e Graciela Carlos incorporáronse ao elenco formado por Sergio Zearreta, César Goldi, Melania Cruz, Borja Fernández e Xosé A. Touriñán. Polo Teatro Jovellanos pasaron máis de 2.000 espectadores nos tres días que o espectáculo estivo en Asturias.
A obra dirixida por Tito Asorey segue enchendo os teatros e sumando eloxios do publico mentres se achega á cifra dos 50.000 espectadores. Un dato espectacular, máis tendo en conta estes meses de aforos reducidos. Porén, os espectadores seguen acudindo aos teatros e demostrando que o teatro e a cultura son necesarios e seguros.
Máis datas confirmadas nesta xira
Logo de Pamplona, a obra viaxará a final deste mes a Ponferrada, Palencia, Miranda de Ebro, Pinto e Medina del Campo. Todas as datas e información da xira está dispoñible na páxina web de Fariña.

NOTICIAS RELACIONADAS
‘Territorio Regueifa’ encara a súa estrea en Carballo
O espectáculo dirixido por José L. Prieto abrirá mañá a venda de entradas e estrearase o 6 de febreiro en Carballo, iniciando así unha nova etapa.
‘Amoriños’ amplía a súa segunda xira con novas datas e funcións
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo suma novas paradas na súa xira de primavera, incluíndo no percorrido a Vilagarcía, Santiago, Ourense, Cee e Narón.
Xosé A. Touriñán inicia este venres o percorrido estatal do seu monólogo
O cómico actúa esta semana no Teatro Arlequín Gran Vía, primeira parada dunha serie de funcións que o levarán tamén por Bilbao, Barcelona e Oviedo nos próximos meses.


