Arrinca unha semana intensa na xira de ‘Fariña’
Serán cinco funcións en cinco localidades de Castela e León e a Comunidade de Madrid
A xira continúa despois da estrea en Xixón e a función no Teatro Gayarre de Pamplona

Fariña afronta unha semana intensa con cinco funcións en cinco días. A chegada de Fariña está levantando gran expectación no Bierzo, non quedan localidades para a función de hoxe no Teatro Bergidum de Ponferrada. O programa Castilla y León Directo estará no teatro na previa desta función conversando cos actores.
A obra dirixida por Tito Asorey, continúa a viaxe coas paradas o xoves no Teatro Principal de Palencia e o venres no Teatro Apolo de Miranda de Ebro. As localidades para ambas funcións están a piques de esgotarse, o que dá boa mostra do interese que está levantando esta xira.
A fin de semana a obra baseada no libro de Nacho Carretero regresa á comunidade de Madrid. Representarase no Teatro Francisco Rabal de Pinto o sábado 2 de outubro. Para finalizar a semana, Fariña volverá a Castela e León, o Auditorio Municipal de Medina del Campo será a última parada desta esixente semana.
Novo tráiler da a xira 2021-2022
Fariña continúa un ano máis enchendo os teatros nesta época de recuperación dos públicos e da ansiada volta á normalidade. A obra producida por Xosé A. Touriñán e Nacho Carretero segue colleitando boas críticas da prensa e moitos eloxios do público que acode ás representacións.
Sergio Zearreta, César Goldi, Marta Lado, Oswaldo Digón e Graciela Carlos protagonizan esta nova peza promocional de Fariña. Esta historia do narcotráfico en Galicia, a nosa historia como sociedade e como individuos, seguirá xirando polos teatros de toda España nos próximos meses.
NOTICIAS RELACIONADAS
Lamatumbá gaña o Premio Martín Códax da Música na categoría de Orquestras, Grupos e Música de Verbena
A banda ourensá vén de ser recoñecida na XIII edición dos Premios Martín Códax da Música, nun momento marcado polo regreso aos escenarios coa proposta ‘LAMATUMBÁ… E XA ESTÁ!’.
‘Amoriños’ despídese na Coruña cunha intensa fin de semana de seis funcións
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega ao seu gran peche de xira no Teatro Colón. Entre o 5 e o 7 de xuño ofrecerán seis funcións, das que só queda dispoñibilidade para a derradeira sesión do domingo ás 20.30.
‘Amoriños’ encara a súa recta final cunha intensa fin de semana en Pontevedra
O espectáculo de Touriñán e Perdomo entra no último tramo da súa xira de primavera tras máis de dous meses de funcións por Galicia.


