Índice

Foto de Sergio Zearreta

Sergio Zearreta

Sergio Zearreta López (Amorebieta, 1975) é un actor e músico vasco radicado en Galicia.

Formado nos grupos de teatro Sardiña da Coruña e Maricastaña de Ourense, traballou coas compañías Matarile Teatro, Espello Cóncavo, Voadora, Chévere, Centro Dramático Galego e Contraproducións. Protagonizou o musical Galicia Caníbal de Filmanova Invest e formou parte do elenco de Fariña, o espectáculo teatral e de Recortes, caneos e outras formas de driblar.

Na televisión participou nas series Vivir sin permiso, El final del camino, Urxencia cero, Serramoura, Hospital Real, Matalobos, Piratas e As leis de Celavella. Tamén presentou os programas da TVG Heicho cantar, queridiña e O Explorador. No cine, protagonizou a longametraxe Crebinsky, gañando o premio a mellor actor no Festival CineSpaña de Tolousse (2011).

Na súa faceta musical está á fronte das formacións Lamatumbá, Gallaecia Big Band e Banda Crebinsky, coa que obtivo o premio Martín Códax 2016 ao mellor proxecto na categoría de Músicas do Mundo e 2019 na categoría de Reggae, Ska e Mestizaxe.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Sergio Zearreta » Páxina 3