Boiro acolle o próximo sábado o segundo concerto da xira de Lamatumbá
A formación ourensá estará na Pousada da Galiza Imaxinaria logo do concerto de presentación do novo directo en Mos, que inclúe novos temas. As entradas están á venda a través de www.lamatumba.gal e na propia sala.
Segunda cita da temporada para Lamatumbá. A Pousada da Galiza Imaxinaria, un dos locais máis populares para as e os seguidores da música en directo en Galicia, acolle o próximo sábado 26 de abril un novo concerto da formación ourensá, logo do concerto de presentación do seu novo directo na Sala Rebullón de Mos.
A xira da banda avanza cara o verán cun novo espectáculo, novos temas e unha renovada imaxe coa que percorrerán distintos festivais nos próximos meses. No mes de maio está prevista a gravación dun novo videoclip.
Para o concerto en Boiro, previsto para as 22.00 horas, as entradas están xa á venda a través de www.lamatumba.gal, cun prezo de 12 euros.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.



