Índice

Retrato de Nacho Carretero

Nacho Carretero

Nacho Carretero (A Coruña, 1981) é xornalista e escritor. Estudou Cine na Escuela Universitaria de Artes TAI e comezou a traballar como xornalista, sendo freelance para medios como JotDown, El Mundo ou XL Semanal.

Da súa investigación sobre a historia do narcotráfico en Galicia publicou o libro Fariña. Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia (Libros del K.O., 2015), que foi temporalmente secuestrado pola xustiza e acadou o número un de vendas. A raíz desta obra fíxose a serie de televisión Fariña e a obra de teatro Fariña, o espectáculo teatral. Tamén escribiu En el corredor de la muerte (Espasa, 2019), sobre o caso de Pablo Ibar, libro no que se baseou a serie de Movistar Plus de nome homónimo.

Sobre fútbol ten escrito Nos parece mejor (Libros del K.O., 2018) sobre a historia do Deportivo da Coruña. Agora está a preparar unha nova obra sobre o lado máis escuro e descoñecido deste deporte de masas, que xa ten versión sobre as táboas: Recortes, caneos e outras formas de driblar.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Nacho Carretero » Páxina 2