Índice

Retrato de Melania Cruz nun ensaio de 'Continente María'

Melania Cruz

Melania Cruz (Lugo, 1983) é actriz de cinema, televisión e teatro. É unha das actrices máis relevantes da súa xeración, sendo galardoada en 2022 co Premio da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas.

Especializouse en Interpretación Textual na ESAD de Galicia e despois cursou o Máster en Pedagoxía e Animación Teatral pola Universidade de Vigo. En televisión traballou en series como Serramoura, A Estiba, Contou Rosalía, Fontealba ou Viradeira e, na gran pantalla, o seu nome vai asociado a algúns dos maiores éxitos do cinema galego contemporáneo, protagonizando filmes como Dhogs, Ons, Arima ou Malencolía.

No ámbito teatral ten tamén unha extensa carreira como cofundadora das compañías ilMaquinario Teatro (O Home Almofada, Perplexo, Resaca) e A Quinta do Cuadrante, así como participando en espectáculos do CDG (Xardín Suspenso), Ainé (Fariña, Continente María), Contraproducións (O tolleito de Inishmann), Excéntricas (Medida por Medida) ou Teatro de Adro (Ai, Carmela!), entre moitos outros. Recentemente, dá vida a María Casares na peza Continente María.

Ten no seu haber un amplo palmarés de premios: gañadora dos Premios Mestre Mateo a Mellor Actriz en tres ocasións (dúas veces como actriz protagonista polo seu traballo en Dhogs e Ons, e unha vez como actriz de reparto, por Trote), un María Casares a Mellor Actriz Protagonista por Xardín Suspenso, e o Premio FICBUEU á traxectoria profesional.

FOTOS

VÍDEOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Melania Cruz » Páxina 3