A serie ‘Clanes’, con Touriñán entre os protagonistas, chega hoxe a Netflix
Tamar Novas, Clara Lago, Diego Anido, María Pujalte, Miguel de Lira, Melania Cruz ou Chechu Salgado son algúns dos protagonistas desta serie ambientada en Cambados. Producida por Vaca Films, 'Clanes' é unha das series máis agardadas desta temporada.
Ambientada en Cambados, Clanes propón ao espectador unha historia de vinganzas, dramas familiares e amor prohibido centrada nun clan de narcotraficantes galegos. Logo de grandes éxitos doutras series co narcotráfico como pano de fondo, Clanes busca atrapar ao espectador cun enfoque diferente na súa proposta. Baseada nunha historia real, a serie está creada por Jorge Guerricaechevarría, dirixida por Roger Gual e producida por Vaca Films.
Clara Lago interpreta a Ana, unha avogada que decide instalarse en Cambados logo de traballar moito tempo en Madrid coa intención de axustar contas co seu pasado. Alí coñece a Daniel, interpretado por Tamar Novas, quen é fillo dun dos máis importantes narcotraficantes galegos e cabeza visible do clan dos Padín mentres seu pai está en prisión. A partir de aí, a trama vai avanzando a través de diferentes personaxes e tocando temas universais como a familia ou o amor.
Xosé A. Touriñán, Melania Cruz, María Pujalte, Diego Anido, Miguel de Lira, Chechu Salgado ou Nuno Gallego son algúns dos protagonistas desta serie rodada en diferentes puntos de Galicia, Málaga, Xibraltar, Alxeciras, Madrid, Oporto e Senegal . Desde hoxe, Clanes xa está dispoñible en Netflix.
Tráiler oficial
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.



