Retrato de Marianella Morena

Marianella Morena

Marianella Morena (Uruguai, 1968) é dramaturga, docente e directora teatral.

Formada como actriz en Uruguai, Arxentina, Francia e Polonia, a partir de 1995 dedícase fundamentalmente á escritura teatral e á docencia. É unha das dramaturgas máis activas do seu país e con maior presenza internacional. Estreou pezas en países de todo o mundo (Arxentina, Brasil, Ecuador, Colombia, Venezuela, EEUU, España, Alemania, Francia, Paraguai, Chile ou México) e foi condecorada co Premio Molière outorgado polo goberno francés, así como cos premios de Dramaturxia polo Centro Cultural de España e o Premio Destacado ao Espectáculo Estranxeiro pola Universidade de Bos Aires.

Durante décadas vén dando a luz textos que nos colocan diante dos nosos propios mitos para confrontarnos con eles, dialogando entre o noso presente persoal, histórico e político. Entre as súas creacións atópanse Las Julietas, Antígona Oriental, Trinidad Guevara, Demonios, No daré hijos, daré versos, Rabiosa melancolía, BombardeoElla sobre ella e Continente María.

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Marianella Morena » Páxina 2