Retrato de Fede Pérez

Federico Pérez

Federico Pérez Rey (1976) é actor, monologuista e guionista.

Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago, comezou no audiovisual como lingüista en Mareas Vivas. Foi guionista antes ca actor e traballou neste eido en series como Terra de Miranda, Pequeno Hotel, O rei da comedia, As leis de Celavella ou Máxima Audiencia.

Como actor, é unha das caras habituais da TVG, participando en series como Padre Casares, Air Galicia, O show dos Tonechos, Libro de Familia ou Era visto!, que lle valeu diversas candidaturas a mellor actor nos Mestre Mateo. No cine, traballou en filmes como 18 comidas, Retornos, Mar adentro, Encallados, Trote (premio Mestre Mateo a Mellor Actor de Reparto), La sombra de la ley, Cuñados e, recentemente, en O corpo aberto, papel polo que volve gañar un Mestre Mateo a mellor actor de reparto. Sobre as táboas, destacan as obras O montacargas, Pataca minuta ou O florido pénsil.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Federico Pérez » Páxina 2