Xosé A. Touriñán e Javi Lopa, finalistas nos XX Premios Mestre Mateo.
Touriñán é finalista na categoría de Mellor Actor Protagonista polo seu papel en Cuñados. Pola súa banda, Javi Lopa e Ana Míguez son finalistas á Mellor Dirección de Producion por este filme de Toño López.

Este xoves tivo lugar a lectura dos finalistas da XX edición dos Premios Mestre Mateo. O acto, celebrado na cidade de Lugo estivo conducido por Óscar Cruz e contou coa participación de Esther Estévez, Beatriz Serén, Alba Mancebo, Luis Iglesia e María Costas, quen foron as encargadas de dar a coñecer os finalistas do premios do audiovisual galego.
Xosé A. Touriñán é un dos catro finalistas a mellor actor protagonista polo seu traballo en Cuñados. Federico Pérez e MIguel de Lira tamén por Cuñados e Pedro Brandariz por Jacinto, completan a categoría. O filme dirixido por Toño López acadou un total de 16 candidaturas, sendo a gran favorita deste ano nos premios da Academia Galega do Audiovisual.
Na categoría de Mellor Dirección de Produción, Javi Lopa e Ana Míguez optan tamén ao Mestre Mateo polo seu traballo en Cuñados. O filme é unha produción de Portocabo que contou con Ainé en servizos de produción. Ademais, Javi Lopa, director de produción de Ainé, foi o encargado da dirección de produción do filme xunto con Ana Míguez. Os gañadores coñeceranse na gala de entrega que terá lugar o próximo 19 de marzo na Coruña, nesta XX edición dos premios do noso audiovisual.

Origen e Redes Vivas tamén finalistas
Jairo Iglesias foi elixido entre os catro finalistas á Mellor Realización por Origen. Este programa documental está producido por Interpool Media para RTVE e contou con Undodez e Ainé na produción. Jairo realiza este programa que afonda na orixe dos alimentos estrela da gastronomía española mediante conversas con cociñeiros e produtores locais.
Na categoría de Mellor Anuncio Publicitario aparece Redes Vivas, de Metronoventa. Un traballo que conta o proceso de recuperación de vellas redes de pesca do mar e a súa reconversión en equipamentos para o deporte base por un grupo de redeiras. O equipo de produción de Ainé colaborou activamente neste inspirador traballo.
A lista completa de finalistas pode consultarse na páxina web dos premios da Academia Galega do Audiovisual.
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha nova etapa para ‘Territorio Regueifa’
O espectáculo de Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira ofrecerá tres funcións durante esta fin de semana en Barakaldo e Laudio. Será a primeira vez que a proposta saia de Galicia desde a súa estrea en febreiro.
Zaragoza, a próxima parada do humor de Touriñán
O humorista actuará este sábado no Teatro de las Esquinas, nun percorrido que o levará de novo a Madrid en novembro. A xira continuará en 2027 con novas funcións en Madrid, Valencia, Santander e León.
A xira de ‘Moi Animal’ continúa colgando o cartel de esgotado
A nova proposta de Xosé A. Touriñán estará este venres 30 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense, con dous pases, ás 20.30 e ás 23.00 h. A resposta do público continúa acompañando a xira, que xa ten varias funcións completas nas próximas semanas.


