Retrato de Tito Asorey nun ensaio da obra 'Continente María'

Tito Asorey

Tito Asorey (Ourense, 1977) é actor e director, tendo traballado xa en máis de sesenta producións. Desenvolve a súa dobre faceta como actor e director de escena, á vez que continúa a traballar no eido audiovisual.

Desde 2016 centra o seu interese no teatro documento e na autoficción, creando espectáculos como Resaca (merecedora de catro Premios María Casares, candidato aos Premios Max, programado no Festival Chantiers d’Europe de París), O empapelado amarelo; Fariña, o espectáculo teatral (polo que foi candidato ao premio nacional de dirección pola Asociación de Directores de Escena de España) ou A lúa vai encuberta (peza gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais). Entre as obras máis recentes como director atopamos Continente María, Recortes, caneos e outras formas de driblar e Códice K.

Como produtor, é cofundador das compañías ilMaquinario Teatro e A Quinta da Cuadrante. Tamén ten exercido como docente na aula de Teatro da Universidade de Vigo, na da Universidade de Santiago de Compostela e en diferentes asociacións culturais e centros de ensino.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Tito Asorey » Páxina 3