Retrato de Lucía Veiga

Lucía Veiga

Lucía Veiga (A Coruña, 1974) é actriz, humorista e presentadora de televisión.

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña, traballou nunha tenda de móbiles e rematou dedicándose á actuación. Como actriz traballou tanto sobre as táboas coma na televisión, onde participou en producións como Vivir sin permiso, Serramoura, El desorden que dejas ou Rapa, papel polo que foi finalista nos premios Feroz e levou o Mestre Mateo a mellor interpretación feminina. Na pequena pantalla tamén traballou como presentadora no Luar, Maloserá ou Malicia Noticias, ademais de presentar a gala dos Premios Mestre Mateo na edición do 2020.

Outra faceta de Lucía Veiga é a de humorista, destacando os seus espectáculos de improvisación no dúo Izquierdo Sisters, que forma xunto a Marita Martínez. No teatro, a súa obra máis recente é Códice K.

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Lucía Veiga » Páxina 2