Carmen Méndez (Baralla, 1979) é actriz formada en interpretación, voz e violín.
Enxeñeira química, estudou interpretación na escola Réplika Teatro, formouse con Fernando Piernas e tamén cursou oito anos de violín no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. Conta cunha ampla traxectoria como actriz en teatro, cine e televisión.
En cine participou nas longametraxes Tres, de Juanjo Giménez; María Solinha, de Ignacio Vilar; Bad Investigate, de Luis Ismael, e protagonizou Pelerinaxes, longametraxe documental dirixida por Simone Saibene que gañou o primeiro premio na sección Televisión no Festival de Cinema de Avanca (Portugal). En televisión traballou durante sete tempadas na serie da Televisión de Galicia Pazo de Familia, personaxe pola que foi finalista en dúas ocasións aos Premios Mestre Mateo como Mellor Actriz de Reparto. Tamén participou en O Faro, Serramoura, Élite, Auga Seca ou Saudade de ti.
En teatro participou en numerosas obras. Primeiro en Madrid, en La Felicidad Completa ou Vinun Sabbati. Xa en Galicia, estivo en As Marxes da Desgraza ou Escenas Chejovianas. Ademais, é monologuista co espectáculo Outras Químicas e Sen Restricións, onde comparte escenario con Marta Doviro e Ledicia Sola, coas que en 2023 crea As R(h)umorosas.