Índice

Retrato de Carlos Blanco

Carlos Blanco

Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa, 1959) é humorista e actor de teatro, cinema e televisión.

Traballou durante dez anos na Radio Galega e realizou na TVG diversas series —coma Mareas Vivas— e Somos unha potenzia, o primeiro late night show feito en Galicia. En televisión tamén traballa no eido estatal en producións como Fariña, Antidisturbios ou La Unidad. Para a gran pantalla actuou en películas como O lapis do carpinteiro, A praia dos afogados ou Dhogs, ademais de curtas como Nena.

Carlos Blanco leva máis de vinte anos actuando como humorista e foi, de feito, un dos pioneiros e mestres do monólogo cómico en Galicia. Da súa faceta como cómico cómpre destacar que foi finalista do Certamen de Monólogos de El Club de la Comedia no 2003. Como humorista e actor de teatro, recentemente participou con Xosé A. Touriñán en espectáculos coma Unha noite na praia e Somos Criminais, sendo esta última a obra con máis entradas vendidas da historia do teatro galego.

No 2018 gañou do Premio Rebulir da Cultura Galega na modalidade de Artes Escénicas e foi nomeado en varias ocasións aos Premios Mestre Mateo, sendo merecedor nunha delas do galardón á Mellor Interpretación Masculina Secundaria polo seu papel en Heroína (2005).

FOTOS

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Índice » Carlos Blanco » Páxina 7