A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
Os Tristes están de volta
Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comuñóns… Os Tristes, o dúo cómico formado polos actores Federico Pérez e Marcos Pereiro que naceu no programa Tourilandia da TVG, volveron aos escenarios neste mes de xullo.
Touriñán participa en El Club de la Comedia
O actor culleredense viaxou a semana pasada a Madrid para participar no programa de La Sexta El Club de La Comedia, un dos late show con máis sona que xunta a golpe de monólogo ás caras máis coñecidas do panorama televisivo en España.
Xosé A. Touriñán, protagonista da volta ao mercado de Deleite
O retorno ás superficies comerciais desta marca, que un grupo de trinta gandeiros decidiu recuperar logo de varios anos, apóiase desde esta semana nun anuncio producido por Undodez, a produtora do actor cullerdense, en colaboración con Ainé Producións.
“Sin mis manos” gaña o premio do Certame de Curtas “Sin Barreras”
“Sin mis manos”, a curta da Asociación Down Coruña protagonizada polo actor Federico Pérez xunto a mozos desta sociedade, é a gañadora do III Certame Nacional Cortos sin Barreras promovido pola Universidade Camilo José Cela de Madrid e a Fundación Once.
“Monólogo do imbécil” chega á Coruña, Cedeira e Santiago
Xosé Antonio Touriñán convértese de novo esta fin de semana en Santi, alguén a quen todo lle sae mal e non consegue facer nada do dereito. Malia que pretende comportarse coma os demais e ten ilusión por ir á escola, por ter un traballo, formar unha familia… sempre acaba pasando algo que lle deixa cara de parvo.
“Sin mis manos”, protagonizada por Federico Pérez, finalista de “Cortos sin Barreras”
“Sin min manos”, a curta da asociación Down Coruña protagonizada por Federico Pérez e os actores noveis Xoel Pardo e Daniel González, é finalista do Certame Nacional ‘Cortos sin Barreras’ que promoven a Universidade Camilo José Cela de Madrid e a Fundación ONCE.
Portada »






