A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
João Simões, Gayoso e as badaladas
Xosé A. Touriñán, interpretando ao multimillonario portugués João Simões, foi o encargado de darlle a benvida ao 2016 desde a compostelá praza do Obradoiro, xunto a Xosé Ramón Gayoso, a quen definiu como mestre e amigo.
¡Cumprimos un ano!
Resumimos o primeiro ano de Ainé: centos de quilómetros por media Galicia, moita xente marabillosa, moitos proxectos interesantes e un equipo inmellorable. Se as cousas en 2016 non van todo o ben que deberan non será por ganas nin por ilusión. Grazas por compartir este ano con nós! Seguimos remando…
Pepo Suevos estréase nas Noites de Retranca
O cómico ferrolán comparte cartel con Luis Zahera e Javier Varela nunha nova edición deste espectáculo de humor que pasará por A Coruña, Pontevedra e Vigo no mes de xaneiro. As entradas están xa á venda a través de Ataquilla.
Curtis & Teixeiro, de xira por Galicia
Levarán as súas investigacións máis sorprendentes a algúns dos teatros máis importantes de diferentes localidades galegas. As entradas (10 euros anticipada, 12 euros na taquilla) estarán á venda a partir da próxima semana tanto a través de internet como en distintos establecementos.
Touriñán repetirá con ‘Amigos ata a morte’ en marzo
Logo de encher en todas e cada una das funcións programas o pasado mes de outubro, a obra de Javier Veiga visitará de novo os teatros das grandes cidades galegas. As entradas para algúns dos pases desta segunda xira están xa á venda en Ataquilla.
Lexus inaugura as súas novas instalacións en A Coruña nunha festa co Trío Smoke
Grupo Breogán celebrou o pasado xoves a apertura do novo centro Lexus en Oleiros cun evento no que o Trío Smoke foi o encargado de amenizar a velada cun concerto que sorprendeu aos asistentes pola impecable interpretación de grandes clásicos da música das últimas décadas.
Portada »






