Éxito rotundo de “Amigos ata a morte”
“Amigos ata a morte”, comedia teatral creada por Javier Veiga, estreada o pasado ano e que volveu aos escenarios galegos este febreiro, está tendo de novo un éxito rotundo de público, con cheos sen precedentes nas funcións.
Trátase dunha obra de amizade e amor, dous ingredientes que todos queremos para as nosas vidas, pero que como é ben sabido, se se mesturan moitas veces explotan. Nacho, Anxo e María, dous homes, unha muller e un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non… Un xiro inesperado deixará patas para arriba a vida dos dous protagonistas, que terán que ver doutra maneira a súa amizade…
Poucas veces o teatro galego, e en galego, tivera un prestixio semellante e máis nos tempos que corren, nos que se fala de da dificultade de encher unha platea por moita que sexa a calidade do texto…
Así, tralo sensacional auxe do pasado outono, a obra, interpretada polos actores Xosé Antonio Touriñán, David Amor e Ledicia Sola encheu de novo os teatros de Cangas, Burela, Vilagarcía, Pontevedra –cunha sesión dobre- e Vigo.
Últimas funcións
Etiqueta Negra, encargada da distribución do espectáculo, programa funcións para este mes en Ourense (17 e 18 de marzo), A Coruña (19 de marzo), Narón (20 de marzo), Lugo (26 de marzo), e cun peche de xira o 22 de abril en Santiago de Compostela. As entradas xa están á venda en Ataquilla e nos puntos de venda habituais. Non quedes sen ela!
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.


