A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
Fede e Touri, mestres de cerimonia do festival OlloBoi
Federico Pérez e Xosé Antonio Touriñán serán –xunto á actriz Sabela Arán- os encargados de presentar este sábado á noite a gala de entrega de premios do festival OlloBoi, que se celebra en Boiro os vindeiros días 27 e 28.
As Cantareiras de Ardebullo, na Gala do Humor polas Enfermidades Raras
Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán participan o xoves 19 de maio na festa do humor que a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas organiza co obxectivo de recaudar fondos para os afectados por estas doenzas.
“O Son das Letras”, a homenaxe musical da TVG para o 17 de maio
Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Televisión de Galicia emite este luns pola noite “O Son das Letras”, un concerto homenaxe a Manuel María que a orquestra folk SonDeSeu ofrece no Auditorio Mar de Vigo.
O “Monólogo do Imbécil” chega a Tenerife
Xosé Antonio Touriñán viaxa esta semana a Tenerife para participar no Mueca, o Festival Internacional de Arte na Rúa que se celebra no municipio portuense do 12 ao 15 de maio, e no que o teatro, a música e o humor son os eixes principais do espectáculo.
Próximas datas para o “Monólogo do Imbécil”
O “Monólogo do imbécil”, o novo espectáculo de contacontos escrito e dirixido por José Prieto e protagonizado por Xosé Antonio Touriñán, chega esta semana a Vigo e Cedeira.
Curtis & Teixeiro, en Negreira
O concello de Negreira recibe mañá a Xosé Antonio Touriñán e a Federico Pérez dentro do espectáculo Curtis&Teixeiro, co que levan percorrendo as cidades e vilas medio país desde finais do ano pasado.
Portada »






