“O Son das Letras”, a homenaxe musical da TVG para o 17 de maio
Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Televisión de Galicia emite este luns pola noite “O Son das Letras”, un concerto que a orquestra folk SonDeSeu ofrece no Auditorio Mar de Vigo.

Os actores María Vázquez e Antonio Durán “Morris” serán os encargados de presentar este programa especial, no que SonDeuSeu estará acompañado no escenario por diferentes grupos e artistas do país como Treixadura, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, e Sergio Tanús, entre outros.
Referente folk europeo
SonDeSeu –dirixida por Rodrigo Romaní, ex-compoñente de Milladoiro- é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galicia, e está considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa.
Ainé, na produción
Os espectadores poderán ver o programa este luns á noite, a partir das 22.30, na TVG. Este proxecto está producido por Suido Producións e Tex45 Producións, en colaboración con Ainé.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


