O “Monólogo do Imbécil” chega a Tenerife
Xosé Antonio Touriñán viaxa esta semana a Tenerife para participar no Mueca, o Festival Internacional de Arte na Rúa que se celebra no municipio portuense do 12 ao 15 de maio, e no que o teatro, a música e o humor son os eixes principais do espectáculo.

O actor culleredense aterriza o venres nas Canarias para interpretar o “Monólogo do Imbécil”, pero desta vez en castelán. Touri converterase unha vez máis en Santi, alguén a quen todo lle sae mal e que un día decide mirar atrás na súa biografía para buscarlle sentido ás cousas.
Ademais de Santi, sobre o escenario Touriñán tamén se converte, entre outros moitos personaxes, en Manolo Lojo -un dos seus monólogos máis soliciatados- ou en Mucha –das famosas Cantareiras de Ardebullo ás que todo o mundo coñece-.
Logo da súa parada sureña, o “Monólogo do Imbécil” volverá nas próximas semanas aos teatros das vilas e cidades galegas.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


