A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Verbenalia bota a andar este venres na TVG
Manuel Manquiña e Lucía Pérez serán os convidados dun primeiro programa coas orquestras New York, Marbella, Televisión, os gaiteiros Os Rosales e Treixadura. Verbenalia, presentado por Rodrigo Vázquez e Patricia Santana, con Eva Iglesias e Manuel de Andrade como colaboradores, é a aposta da Televisión de Galicia para os venres deste verán.
Os Tristes están de volta
Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comuñóns… Os Tristes, o dúo cómico formado polos actores Federico Pérez e Marcos Pereiro que naceu no programa Tourilandia da TVG, volveron aos escenarios neste mes de xullo.
Touriñán participa en El Club de la Comedia
O actor culleredense viaxou a semana pasada a Madrid para participar no programa de La Sexta El Club de La Comedia, un dos late show con máis sona que xunta a golpe de monólogo ás caras máis coñecidas do panorama televisivo en España.
Xosé A. Touriñán, protagonista da volta ao mercado de Deleite
O retorno ás superficies comerciais desta marca, que un grupo de trinta gandeiros decidiu recuperar logo de varios anos, apóiase desde esta semana nun anuncio producido por Undodez, a produtora do actor cullerdense, en colaboración con Ainé Producións.
“Sin mis manos” gaña o premio do Certame de Curtas “Sin Barreras”
“Sin mis manos”, a curta da Asociación Down Coruña protagonizada polo actor Federico Pérez xunto a mozos desta sociedade, é a gañadora do III Certame Nacional Cortos sin Barreras promovido pola Universidade Camilo José Cela de Madrid e a Fundación Once.
“Monólogo do imbécil” chega á Coruña, Cedeira e Santiago
Xosé Antonio Touriñán convértese de novo esta fin de semana en Santi, alguén a quen todo lle sae mal e non consegue facer nada do dereito. Malia que pretende comportarse coma os demais e ten ilusión por ir á escola, por ter un traballo, formar unha familia… sempre acaba pasando algo que lle deixa cara de parvo.
Portada »






