A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Mucha e Nucha actuarán o 24 de setembro en Arzúa
Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro pecharán a xira deste verán das Cantareiras de Ardebullo na parroquia do Couto (Arzúa), que celebra as súas festas a penúltima fin de semana deste mes. As Fillas da Conexa subirán ao escenario no descanso da verbena, pasada a medianoite.
Cita co espectáculo máis agardado dos Tristes
Marcos Pereiro e Federico Pérez levarán este sábado a Castelo, o pobo do seu amigo e compañeiro Xosé A. Touriñán, un espectáculo musical que complentarán con diferentes actividades lúdicas e gastronómicas ao longo dunha noite que se presume inesquecible.
Nucha e Mucha apúntanse a Verbenalia
O programa presentado por Rodrigo Vázquez contará este venres con Xosé A. Touriñán como pregoeiro, e coa actuación das Cantareiras de Ardebullo como convidadas especiais. Panorama, Os Resentidos e Los Satélites amenizarán unha festa na que tamén estarán Os Tres Trebóns e Radio Cos. Toda unha referencia do mundo da verbena, Sito Sedes, será o artista convidado.
Vilapene, Esgos e O Couto contarán nas súas festas coas Cantareiras de Ardebullo
Logo das vacacións, Mucha e Nucha volven aos escenarios dalgunhas das festas máis importantes de Galicia para poñer punto e final ao calendario de actuacións do verán. O 20 de agosto, a primeira cita coas Fillas da Conexa en Vilapene (Cospeito).
Marcos Pereiro únese ás Noites de Retranca
Logo de participar na última edición dos Monólogos R, o cómico e actor cullerdense participará neste afamado ciclo de humor en directo, compartindo escenario con Oswaldo Digón e Luis Iglesia o 11 de setembro no Teatro Colón da Coruña. As entradas están xa á venda.
Pepo Suevos, pregoeiro en Verbenalia
O actor e humorista ferrolán será un dos protagonistas do programa que a Televisión de Galicia comezou a emitir a pasada semana, que este venres contará ademais coas orquetras Olympus, Cinema e La Fórmula. Os Melidaos, Lirolai, Yhadira, Sanela, os irmáns Diumaró e Tania Veiras completan o cartel.
Portada »






