Touriñán e Marcos Pereiro gañan o premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral
O xurado outorga o premio aos actores cullerdenses polo “mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego”. O galardón entregarase na Gala Central do Festival Internacional Rebulir, o 17 de decembro.

Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán veñen de aceptar o Premio Rebulir 2016 na categoría de patrimonio oral, que concede o Festival Internacional Rebulir, organizado pola asociación homónima xunto coa Deputación de Ourense e o Concello de Ramirás.
No seu veredicto, o xurado apunta a importancia do traballo de Os Dous de Sempre no mantemento, difusión e posta el valor do humor con raigame tradicional e en galego.
A Asociación Rebulir, promotora do festival, ten por obxectivo a recuperación e difusión da cultura tradicional galega en tódolos seus ámbitos (baile, música, patrimonio oral, xogos, gastronomía, festas, celebracións…), poñéndoa en valor dun xeito accesible a todo o mundo, e devolvéndolle ao pobo o que é seu, para que deste xeito non se rompan os ciclos interxeracionais que a fixeron chegar ata os nosos días, segundo apuntan na súa páxina web.
A Gala Central do Festival Internacional, que cumpre dez edicións, celebrarase o 17 de decembro en Ramirás.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


