Xosé A. Touriñán retoma este outono as funcións do ‘Monólogo do Imbécil’
O Carballiño, Cangas do Morrazo, Burela e Catoira serán as primeiras localidades nas que actuará nesta segunda parte da xira que, xa a pasada primavera, consolidou o talento do actor cullerdense tamén sobre as taboas.

O Monólogo do Imbécil foi premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega. O autor, José Luis Prieto, coñece ben a Touriñán, o que facilitou un proceso de ensaios que, segundo asegura o actor cullerdense, foi do máis duro que fixo na súa carreira.
Narón, A Coruña, Ourense, Cedeira ou Compostela, entre outras vilas e cidades, xa coñecen a Santi, o imbécil ao que dá vida Xosé A. Touriñán. Mesmo en Albacete e en Puerto de la Cruz (Tenerife) tiveron ocasión de rir timidamente -que é como procede rir neste espectáculo- coa historia da vida dun parvo… encantador.
Para este outono tocará percorrer de novo o país. Con máis de dez funcións previstas, a segunda aventura teatral de Touriñán en menos dun ano permitirá ao público coñecer outra cada dunha cara máis habitual da televisión, e consolidará o seu talento sobre as taboas.
As datas para este outono
- 9 de setembro · Teatro Municipal – O Carballiño (22.30h)
- 17 de setembro · Auditorio Municipal – Cangas do Morrazo (21.00h)
- 7 de outubro · Casa Cultura Burela (21:00h)
- 28 de outubro · Auditorio O Burgo – Culleredo (20.30h)
- 29 de outubro · Auditorio Muncipal – Catoira (20.30h)
- 1 de novembro · Cine Alovi – As Pontes (19.00h)
- 25 de novembro · Casa da Cultura – Boiro (21.00h)
- 2 de decembro · Teatro Colón – A Coruña (20.30h)
- 3 de decembro · Teatro Colón – A Coruña (20.30h)
- 10 de decembro · Auditorio Casa da Cultura – Vimianzo (21.00)
- 27 de xaneiro · Teatro Afundación – Vigo (20.30h)
- 28 de xaneiro · Auditorio Municipal Vilagarcia de Arousa (20.30h)
Máis información na web da produtora e distribuidora do espectáculo
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Amoriños’ retoma a súa xira con cheos absolutos e novas datas
O espectáculo de Touriñán e Perdomo regresa esta semana aos escenarios cunha parada en Ponteareas e varias funcións xa esgotadas. A xira continúa medrando con novas datas en Vigo, Pontevedra e un gran peche previsto na Coruña.
Ainé estrea novas oficinas na Coruña
O equipo da produtora traballa desde comezos deste ano nunha nova sede na rúa María Puga Cerdido, no barrio de Matogrande, deseñada polo arquitecto César García Piñeiro, do estudio ELÓ? e director da Mostra de Arquitectura Rural MARCO, en Vedra.
Lamatumbá súmase á X Foliada Nordestía de San Cibrao
A banda actuará o 28 de marzo nunha xornada que combinará música, tradición e actividades para todos os públicos.


