Touriñán tamén se anota nas Noites de Retranca
Estará en Vigo e Pontevedra, os días 24 de setembro e o 8 de outubro respectivamente. O cómico cullerdense era un dos poucos monologuistas que non participara aínda neste coñecido espectáculo, polo que pasaron os mellores humoristas do país nos últimos anos.

Poucos escenarios non pisou aínda Manolo Lojo para contar a súa tráxica historia. Xosé A. Touriñán é o encargado de dar vida a un personaxe que ten feito rir a milleiros de persoas ao longo dos últimos dous anos.
O Auditorio Mar de Vigo e o Pazo da Cultura de Pontevedra son as próximas citas co cómico cullerdense, desta volta dentro do ciclo Noites de Retranca. Estará acompañado polo actor Luis Iglesia, non tan coñecido para os habituáis dos monólogos, pero un auténtico ídolo polos seus papeis como actor en diferentes ficcións na Televisión de Galicia.
Manolo Lojo é un home que só ten claro que quere suicidarse. Un argumento arredor do cal o protagonista conta os promenores da súa vida. Así, a vida de Manolo non foi fácil… un rapaz superdotado que rematou vivindo cunha paga por tonto.
As entradas para as dúas datas están xa á venda en Ataquilla.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


