En Allariz hai unha festa cos Tristes!
A enerxética Primagás celebra este domingo unha romaría no campo da feira da localidade ourensá na que o dúo formado por Federico Pérez e Marcos Pereiro será o encargado de amenizar a sesión vermú. Non faltará o polbo e as filloas, ou os xogos infantís para os nenos.
Festa por todo o alto en Allariz este domingo. Federico Pérez e Marcos Pereiro volven converterse en Os Tristes, o dúo que durante todo o verán achegou o humor ao programa Verbenalia, na Televisión de Galicia, e que amenizou xa varias verbenas e sesións vermú por toda Galicia.
Desta volta é a compañía enerxética Primagás quen se decide a contar con estes dous cómicos galegos para unha festa que celebrará na localidade ourensá esta fin de semana, e que dará comezo contra as 11.30 da mañá no campo da feira – A Barreira.
Haberá polbo e filloas, así como xogos infantís durante toda a mañá, antes de que Os Tristes comecen a súa actuación.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.


