“Monólogo do imbécil” chega á Coruña, Cedeira e Santiago
Xosé Antonio Touriñán convértese de novo neste mes de xuño en Santi, alguén a quen todo lle sae mal e non consegue facer nada do dereito. Malia que pretende comportarse coma os demais e ten ilusión por ir á escola, por ter un traballo, formar unha familia… sempre acaba pasando algo que lle deixa cara de parvo.
Baixo o título de “Monólogo do Imbécil”, o actor culleredense protagoniza este espectáculo de contacontos escrito e dirixido por José Prieto, quen recibiu por esta peza o premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega.
Se estades interesados en ver o monólogo, as próximas datas son este sábado 4 no Teatro Rosalia da Coruña (entradas e ticketea.com), o domingo 5 no Auditorio Municipal de Cedeira (reserva anticipada no 649876614) e o venres 10, sábado 11 e domingo 12 no Teatro Principal de Santiago de Compostela (entradas en abanca.com).

NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


