“Sin mis manos” gaña o premio do Certame de Curtas “Sin Barreras”

“Sin mis manos”, a curta da Asociación Down Coruña protagonizada polo actor Federico Pérez xunto a mozos desta sociedade, é a gañadora do III Concurso Nacional “Cortos sin Barreras” promovido pola Universidade Camilo José Cela de Madrid e a Fundación Once.
O obxectivo do certame deste ano era amosar de maneira orixinal as dificultades ás que se enfrontan as persoas con discapacidade no seu día a día. Así, baixo o lema “Que non confíen nas túas capacidades. É un pesadelo”, a peza audiovisual da asociación coruñesa reivindica a necesidade de confiar nas dotes de todas as persoas para conseguir a autonomía persoal e social.
O vídeo gañador, que xa obtivo máis de 4.000 visitas no Youtube, está guionizado por Borja Dorado e rodado polas produtoras audiovisuais Ainé Producións e Porco Bravú.
NOTICIAS RELACIONADAS
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
Ainé estrea unha aplicación móbil para achegar a súa actividade ao público
A ferramenta reúne nun mesmo espazo a programación de espectáculos, as opcións de compra de entradas, as últimas noticias e os contidos audiovisuais da produtora. Está dispoñible de balde para dispositivos iOS e Android.
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.


