“Sin mis manos”, protagonizada por Federico Pérez, finalista de “Cortos sin Barreras”
“Sin min manos”, a curta da Asociación Down Coruña protagonizada por Federico Pérez e os actores noveis Xoel Pardo e Daniel González, é finalista do Certame Nacional “Cortos sin Barreras” que promoven por terceira vez a Universidade Camilo José Cela de Madrid e a Fundación ONCE.
Baixo o lema “Que non confíen nas túas capacidades. É un pesadelo”, o obxectivo desta peza audiovisual é alertar do permanente control sobre as persoas con síndrome de Down e concienciar á sociedade para que se abandonen esas actitudes paternalistas.
Ainé, na produción
“Agora só pedimos que a xente nos apoie e lle dea a gústame no vídeo que xa está no Youtube”, afirma Borja Dorado, autor do guión deste traballo levado a cabo polas produtoras audioisuais Ainé Producións e Porco Bravú.

NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán presenta ‘Moi Animal’, o seu novo monólogo
O humorista estrea unha nova proposta escénica arredor da nosa relación cos animais e das contradicións da especie humana. A xira comezará en outubro e percorrerá once localidades galegas.
A Coruña acolle a programación do Noroestiño, a proposta familiar do 39º Festival Noroeste Estrella Galicia
A programación infantil do Festival Noroeste Estrella Galicia volverá aos Xardíns de Méndez Núñez do 5 ao 9 de agosto con sete propostas de música e artes escénicas para público familiar.
Xa á venda as entradas para a función especial de ‘Amoriños’ no Festival Noroeste Estrella Galicia
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega o vindeiro 9 de agosto ao Parque de Santa Margarida cunha función especial dentro da 39º edición do Festival Noroeste Estrella Galicia. As entradas xa están dispoñibles.


