Os Tristes están de volta
Amenizan festas, e tamén fan bautizos, vodas e comuñóns… Os Tristes, o dúo cómico formado polos actores Federico Pérez e Marcos Pereiro que naceu no programa Tourilandia da TVG, volveron aos escenarios neste mes de xullo. A base do seu espectáculo é a parodia das típicas sesións vermús galegas, unha mestura entre o humor dialogado e cantado… e sempre coa retranca como principal protagonista.

A Marcos e a Fede podemos velos cada semana en Era Visto!, comedia familiar da Televisión de Galicia na que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego. Tamén interpretaron unha chea de personaxes xuntos para proxectos televisivos e de comedia, como “Viramos tolos pola tele”, organizado pola empresa R.
De Nucha a Kevin Jose, no currículo de Marcos tamén están Tourilandia, A Casa da Conexa, Terra de Miranda, Air Galicia, Supermartes ou Vilamor. Buscando Ardebullo, un programa de viaxes por Galicia en clave de comedia que emitiu a TVG, é o seu último proxecto como presentador e produtor. Pola súa parte, no currículo de Fede ou Josito –que é así como todo o mundo o coñece polo seu papel en Padre Casares- están os seus papeis, entre outros moitos, en Libro de Familia, O Show dos Tonechos, Mareas Vivas, o espectáculo Curtis&Teixeiro, e no mundo do teatro coas obras O Florido Pensil e Presidente.
Próximas datas
Se es seguidor ou seguidora das verbenas aínda non o escoitaches todo ata que vexas aos Tristes! O seu próximo espectáculo será o vindeiro sábado 27 de agosto en Castelo (Culleredo)… unha cita para non perder!
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


