Verbenalia bota a andar este venres na TVG
Manuel Manquiña e Lucía Pérez serán os convidados dun primeiro programa coas orquestras New York, Marbella, Televisión, os gaiteiros Os Rosales e Treixadura. Verbenalia, presentado por Rodrigo Vázquez e Patricia Santana, é a aposta da Televisión de Galicia para os venres deste verán.

A aposta da Televisión de Galicia para as noites dos venres pon, por fin, os seus motores en marcha. Verbenalia, un formato dirixido por Suso Iglesias e Teo M. Abad que se gravou a pasada primavera na discoteca LP45 de Ordes, contará cada venres coas mellores orquestras de Galicia, acompañadas por pregoeiros, grupos de música tradicional, os grandes éxitos do momento na voz das estrelas da pachanga e moita, moita festa.
Manuel Manquiña e Lucía Pérez interpretarán no primeiro programa un popurrí de rancheiras clásicas. O primeiro, ademais, exercerá de pregoeiro, e a eurovisiva cantante do Incio levará ao plató o seu novo éxito ‘Quita penas’. O Verbenalia deste venres recibirá tamén a Os Rosales, a parella formada por Maruxa e Pepe Romero, que lembrarán con gran emotividade os anos difíciles nos que os gaiteiros reivindicaban nas verbenas un trato igualitario ao das orquestras.
Non faltará o grupo sorpresa da noite: Os Tristes. Esta particular parella formada polos humoristas e actores Marcos Pereiro e Federico Pérez achegará o humor en cada programa, neste primeiro, mesmo vendendo churrasco entre o público. Manuel DeAndrade encargarase de valorar ás orquestras, e contra o final, Sanela Ferizovic, David Veiga e Eva Iglesias interpretarán unha selección de rancheiras.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


