Touriñán participa en El Club de la Comedia
O actor culleredense viaxou a semana pasada a Madrid para participar no programa de La Sexta El Club de La Comedia, un dos late show con máis sona que xunta a golpe de monólogo ás caras máis coñecidas do panorama televisivo en España.

Touriñán interviu así cun novo espectáculo en castelán que poderemos ver na sexta temporada do programa que se grava estes días na capital española, unha nova entrega presentada por Ana Morgade e que contará coa participación de monologuistas como Luis Piedrahita, Arturo Valls, Manuel Fuentes e Silvia Abril, entre outros.
Esta é a primeira vez que o cómico galego emprega un rexistro diferente ao que estamos acostumados a ver nos seus espectáculos en solitario, xa que se trata dun texto persoal sobre súa particular visión da sociedade galega.
Éxitos
Xosé A. Touriñán é unha desas persoas que nunca para, humorista, actor, presentador en televisión e teatro son algunhas das profesións que podemos ver no seu currículo. Actualmente é unha das caras máis coñecidas da televisión galega, co seu papel semanal no Land Rober, a oferta da televisión galega líder de audiencia.
O humor en directo é o seu, e sobre o escenario Touri tamén se converte en Manolo Lojo, un dos seus monólogos máis solicitados. Ademais, en 2016, estreou o “Monólogo do imbécil”.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘Aquí Tou!’ regresa ás táboas cunha función especial da man de Touriñán
O monólogo máis persoal do humorista volverá ao Porriño o 26 de setembro cunha función que ten como obxectivo apoiar á Rondalla que participou na película Rondallas.
‘Moi Animal’, o novo monólogo de Touriñán, suma novas funcións á súa primeira xira
O novo monólogo de Xosé A. Touriñán esgota localidades en Cee e Santiago e amplía funcións na Coruña, Vilagarcía, Vigo e Pontevedra. A xira, que comezará en outubro, continúa medrando antes da súa chegada aos escenarios galegos.
Chega ‘A Lacena Pequena’, un novo proxecto cultural itinerante
Ainé e E-ló Arquitectura poñen en marcha unha proposta que combina música, artes escénicas, gastronomía e patrimonio a través dunha singular infraestrutura.


