Touriñán presenta a oitava edición do Castelo Conta

As entradas xa están á venda en casteloconta.gal

Entre a programación desta edición atopamos a Noite de Monólogos, ‘Corentena’, con David Perdomo e Touriñán e os concertos do Combo Viramundo, Muchachito e Lamatumbá.

O Castelo Conta xa ten datas oficiais: a parroquia de Castelo acollerá o festival do luns 21 ao domingo 27 de agosto. O director do Castelo Conta, Xosé A. Touriñán, presentou esta nova edición do Castelo Conta nun acto que tivo lugar este xoves 20 no Campo da Capela. Á presentación acudiron representantes das institucións e das empresas colaboradoras, así como os veciños e veciñas do lugar. 

A comedia, a música e a tradición oral chegarán a Castelo cunha ampla programación. Entre os espectáculos previstos atópanse actividades como os Contos de Castelo, a Xente Miúda ou os concertos de artistas e grupos como Xabier Díaz, Susana Seivane, Belém Tajes, Familia Caamagno Combo Viramundo, Lamatumbá ou Muchachito.

Nesta edición volve a Noite de Monólogos, un espectáculo humorístico conducido por Touriñán. Nel intervirán cómicos e cómicas galegos como Pepo Suevos, David Amor, David Perdomo, Noemi Rodríguez, Lucía Veiga, Marita Martínez ou Rober Bodegas. 

Ademais, Touriñán presentará con David Perdomo Corentena. As conversas que os dous actores improvisaron a través de Instagram durante o confinamiento chegan aos escenarios, cun espectáculo que xa triunfou en pequenas salas galegas por primeira vez nun gran espazo. No festival tamén se proxectará a curtametraxe Nena, coa que Touriñán debuta como produtor e director. A peza, producida por Undodez, contou co apoio de Agadic e vén de gañar o seu primeiro premio no Festival Internacional de Cine de Vilafamés

A programación completa está dispoñible na páxina web do Castelo Conta, onde tamén se poderán adquirir as entradas para os espectáculos de pago. 

Artigo anterior
‘Nena’ gaña o premio do xurado no FIC Vilafamés
Artigo seguinte
Perdomo e Touriñán levan a ‘Corentena’ ao Castelo Conta

NOTICIAS RELACIONADAS

Portada » Caderno » Touriñán presenta a oitava edición do Castelo Conta