A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
Touriñán comeza a xira de ‘Moi Animal’ este venres en Cee
Cee esgota as entradas para o debut do espectáculo e Pontevedra fai o propio coa función do sábado. Para o domingo quedan as últimas localidades dispoñibles.
‘Amoriños’ segue sumando funcións para esta primavera
O espectáculo de Touriñán e Perdomo amplía o seu calendario con novos pases en distintas paradas da xira. A Coruña, última cita do percorrido, abrirá a venda de entradas proximamente.
‘Bibopalula · O Espectáculo’, finalista nos Premios de Teatro María Casares
A proposta escénica baseada no universo da serie infantil compite na categoría de ‘Mellor espectáculo infantil’ na 30ª edición dos galardóns organizados pola AAAG.
Xosé A. Touriñán continúa a súa xira estatal: este sábado, Bilbao
Tras o arranque da xira en Madrid, Bilbao acollerá este 7 de marzo o monólogo de Touriñán no Teatro Campos Eliseos, como parte do percorrido que o leva a diferentes cidades do Estado.
A regueifa chega ás Rías Baixas
O espectáculo continúa a súa xira este venres 6 de marzo cunha función no Centro Social de Abanqueiro, en Boiro, ás 21.00. Teatro, música e improvisación para celebrar a tradición oral galega.
A segunda temporada de ‘Clanes’, con Touriñán no elenco, estréase o 3 de abril en Netflix
A serie producida por Vaca Films regresa con novos episodios ambientados no universo do narcotráfico galego. Xosé A. Touriñán repite no papel de Nilo.
‘Parasimpáticas’: improvisación, humor e dúas neuronas en acción
O espectáculo de Marita Martínez e Lucía Veiga chega este sábado ao Auditorio Municipal de Vigo. Unha proposta que explora a identidade galega entendéndoa como territorio mental.
Portada »






