A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Lamatumbá súmase á X Foliada Nordestía de San Cibrao
A banda actuará o 28 de marzo nunha xornada que combinará música, tradición e actividades para todos os públicos.
Xosé A. Touriñán participa na miniserie ‘Lobo’, producida por Vaca Films para Netflix
O actor súmase ao reparto de ‘Lobo’, a nova miniserie de época baseada na historia do asesino Manuel Blanco Romasanta, que se está a rodar en diferentes localizacións de Galicia.
O monólogo de Touriñán continúa a súa xira estatal e suma novas funcións
Tras as primeiras funcións en Madrid e Bilbao, o monólogo segue o seu percorrido estatal esta fin de semana e engade novas paradas previstas para o outono.
‘Amoriños’ arrinca a súa xira de primavera esta fin de semana e abre as entradas para o peche na Coruña
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo comeza o seu novo percorrido con dúas funcións en Vilagarcía e Santiago. A última parada da xira será no Teatro Colón da Coruña, cuxas entradas xa están dispoñibles.
‘Amoriños’ segue sumando funcións para esta primavera
O espectáculo de Touriñán e Perdomo amplía o seu calendario con novos pases en distintas paradas da xira. A Coruña, última cita do percorrido, abrirá a venda de entradas proximamente.
‘Bibopalula · O Espectáculo’, finalista nos Premios de Teatro María Casares
A proposta escénica baseada no universo da serie infantil compite na categoría de ‘Mellor espectáculo infantil’ na 30ª edición dos galardóns organizados pola AAAG.
Portada »






