A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ presentouse onte en Carballo como un soño que chega ao escenario
A estrea absoluta de ‘Territorio Regueifa’, este venres 6 de febreiro no Pazo da Cultura de Carballo, foi presentada nunha rolda de prensa que puxo o foco na importancia de levar a regueifa ao teatro e de reivindicala como arte viva.
‘Amoriños’ amplía a súa xira de primavera con novas funcións en Verín e Ribadeo
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo continúa medrando sobre as táboas e suma dúas novas paradas á súa xira de primavera.
Ainé apóiase na intelixencia artificial para mellorar as accións de marketing dos seus espectáculos
A produtora desenvolve un sistema avanzado de análise de datos a través das axudas IA360 do Instituto Galego de Promoción Económica para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da Intelixencia Artificial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Xosé A. Touriñán e Javier Veiga viaxan á Coruña do Imperio Romano
Protagonizan ‘Coruna Vadis’, a nova curtametraxe para a promoción turística da cidade, producida por Medio Limón en colaboración con Undodez. A peza suma decenas de miles de reproducións e segue o camiño de ‘Ao noroeste do Oeste’, convertida nun auténtico fenómeno publicitario o pasado ano.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Mentes Peligrosas’ este sábado en Vigo
Xosé A. Touriñán participará este sábado en Vigo en ‘Mentes Peligrosas’, un dos espectáculos de comedia máis exitosos do Estado, cun dobre pase no Auditorio Mar de Vigo.
‘Territorio Regueifa’ encara a súa estrea en Carballo
O espectáculo dirixido por José L. Prieto abrirá mañá a venda de entradas e estrearase o 6 de febreiro en Carballo, iniciando así unha nova etapa.
Portada »






