A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Bibopalula chega ao ecuador da súa xira de inverno
A Banda do Bosque ofrece esta fin de semana dúas novas funcións de ‘Bibopalula · O Espectáculo’, no Auditorio de Galicia e en Palexco, antes de encarar a recta final da xira en Vigo.
‘Amoriños’ pecha a súa primeira xira con catro funcións finais en Palexco
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo chega ao final da súa primeira xira tras estrearse con éxito absoluto e esgotar localidades en practicamente todas as paradas.
‘Aquí Tou!’ despide a xira de outono en Ribeira
O monólogo máis persoal de Xosé A. Touriñán pecha a súa xira este venres 26 de decembro no Auditorio Municipal de Ribeira, con dúas funcións e todas as localidades esgotadas.
Recta final da xira de ‘Amoriños’: últimas entradas dispoñibles para A Coruña
O espectáculo de Xosé A. Touriñán e David Perdomo despídese da súa primeira xira a vindeira fin de semana en Palexco, tras unha xira con funcións esgotadas e ampliacións en varias cidades galegas.
Carpin, Robin, Pegui, Merli e Ava levan a maxia do bosque a Vilagarcía
‘Bibopalula · O Espectáculo’ chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía este sábado 20 de decembro ás 17.30. Unha nova cita musical e teatral para que a cativada se mergúlle no universo da Banda do Bosque.
Unha historia coral con acento galego: chega ‘Rondallas’
A nova película de Sánchez Arévalo estréase o 1 de xaneiro de 2026 tras unha intensa expectación mediática. Rodada en Galicia, Rondallas conta cun elenco coral no que participa Xosé A. Touriñán.
Portada »






