A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘Moi Animal’ encara a recta final da súa primeira xira
O monólogo de Touriñán ofrecerá seis funcións entre Lugo, Burela e Santiago de Compostela esta fin de semana. Os pases de Lugo e Burela xa teñen todas as entradas esgotadas.
Xosé A. Touriñán inicia este venres o percorrido estatal do seu monólogo
O cómico actúa esta semana no Teatro Arlequín Gran Vía, primeira parada dunha serie de funcións que o levarán tamén por Bilbao, Barcelona e Oviedo nos próximos meses.
‘Amoriños’ prepárase para unha primavera de amor sobre as táboas
Tras unha primeira xira con funcións esgotadas, Touriñán e Perdomo regresarán no mes de marzo coa súa última proposta, un espectáculo de citas tolas, improvisación e moito corazón.
‘Bibopalula · O Espectáculo’ despide en Vigo a súa xira de inverno
A Banda do Bosque remata o seu percorrido este venres en Vigo, cunha última función para os máis cativos e cativas.
Despedimos o 2025 celebrando un ano de cultura, proxectos e comunidade
Un ano de escenarios, cheos, xiras e novos proxectos que reforzan o compromiso de Ainé coa creación en galego e co público.
Xosé A. Touriñán súmase a ‘Chisteria Colectiva’ no Encontro Mundial do Humorismo
O actor estará presente na próxima edición do EMHU participando en Chisteria Colectiva, unha das citas máis emblemáticas do festival.
Bibopalula chega ao ecuador da súa xira de inverno
A Banda do Bosque ofrece esta fin de semana dúas novas funcións de ‘Bibopalula · O Espectáculo’, no Auditorio de Galicia e en Palexco, antes de encarar a recta final da xira en Vigo.
Portada »






