A actualidade sobre o noso traballo, e sobre os proxectos que temos en marcha.
Caderno
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
Lamatumbá encherá de ritmo o AgoraSón de outono
O grupo ourensán repite no Agorasón ofrecendo o vindeiro venres un concerto único no Centro Sociocultural Ágora. As entradas poderán retirarse a partir do 10 de outubro nas Bibliotecas Municipais da Coruña.
‘Somos Criminais e punto final’ chega ao ecuador da súa última xira con dobre función en Vigo
Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegan ao Auditorio Mar de Vigo con Somos Criminais e punto final, a última entrega da súa triloxía, con dobre función os días 4 e 5 de outubro.
‘Aquí Tou!’, o monólogo de Xosé A. Touriñán, abre o Programa de Sala do FIOT34
O espectáculo terá lugar este venres 3 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo, no marco da 34ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro.
Cancelación de ‘Territorio Regueifa’ no FIOT34
A estrea de ‘Territorio Regueifa’, prevista para os días 3 e 4 de outubro no FIOT34, queda cancelada por unha baixa médica dun dos actores. Para non deixar ao público sen teatro, o festival programou ‘Aquí tou!’, monólogo de Xosé A. Touriñán, o venres 3 de outubro no Pazo da Cultura de Carballo.
‘O último home’ chega a Santiago con catro funcións a próxima semana
A comedia poética de Manuel Cortés, dirixida por Borja Fernández e con música de Russ, terá catro funcións na Facultade de Filoloxía de Santiago os días 29 e 30 de setembro.
Estreamos ‘Territorio Regueifa’, un espectáculo para celebrar a tradición oral galega
Dirixido por José L. Prieto, estrearase no FIOT, en Carballo, o venres 3 de outubro, mesturando música, humor, improvisación e narración para poñer en valor unha das manifestacións máis singulares da tradición oral.
Portada »





