‘Aquí Tou!’ anuncia novas funcións en Salceda de Caselas e Rianxo e abre segunda sesión en Vimianzo
A acollida segue a ser excepcional: con novas funcións en varias localidades, 'Aquí Tou!' permite que máis espectadores poidan vivir o monólogo máis persoal e aplaudido de Xosé A. Touriñán, nunha xira que continúa rompendo récords de venda de entradas.
O espectáculo Aquí Tou!, de Xosé A. Touriñán, segue conquistando ao público galego e amplía a súa xira con novas datas e funcións esgotadas. A proposta, que percorre Galicia de novo este outono, sumará unha funcións en Salceda de Caselas, o 5 de decembro ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal, e outra en Rianxo, o 7 de decembro ás 21.00 horas, tamén no Auditorio Municipal. Ademais, en Vimianzo abrirá unha segunda función.
O éxito de Aquí Tou! continúa a sorprender e confirma o vínculo especial que Xosé A. Touriñán mantén co público galego. A acollida supera todas as expectativas e consolida o espectáculo como un auténtico fenómeno teatral, capaz de encher auditorios e de converter cada cita nun encontro de humor, emoción e complicidade co público.
En Aquí Tou!, Touriñán percorre con humor e tenrura os momentos máis significativos da súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. O monólogo, escrito xunto a José L. Prieto, combina realidade e ficción, anécdotas e cultura popular galega, nun retrato vital no que o público se recoñece e emociona.
Tras máis de trinta e cinco funcións e milleiros de espectadores en teatros e auditorios de toda Galicia, o espectáculo continúa a consolidarse como un dos fenómenos do humor escénico galego recente, mantendo o espírito próximo e festivo que o converteu nunha cita imprescindible co público.
As entradas para as novas funcións estarán dispoñibles a partires de mañá a través da web oficial do espectáculo, www.aquitou.gal.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



