Touriñán súmase ao Hematofesti para celebrar o humor, a creatividade e a memoria
O festival Hematofesti, ideado por Miguel López “O Hematocrítico”, Ledicia Costas e Alberto Vázquez, celebra a súa segunda edición en Vigo cunha programación chea de humor, creatividade, recordo e homenaxe. Xosé A. Touriñán participará o 6 e 7 de novembro, presentando a Hematogala xunto a María Lado e conversando sobre o papel da empresa cultural galega no presente e futuro do sector.
O Hematofesti 2025 chega a Vigo coa mesma enerxía, humor e espírito lúdico que definiron a súa primeira celebración. Nesta nova edición, o actor e produtor Xosé A. Touriñán será un dos protagonistas da programación.
O xoves 6 de novembro, ás 21.30, presentará, xunto á poeta María Lado, a Hematogala, o gran espectáculo do festival que reunirá sobre o escenario do Auditorio Mar de Vigo a artistas como Grande Amore, IGMIG, Ignatius Farray, Noel Ceballos, Nus Cuevas, Silvia Superstar e Sobria y Serena. As entradas están dispoñibles en teuticket.com.
Ademais, o venres 7 de novembro, ás 13.00, Touriñán participará nunha conversa sobre creación e industria cultural xunto a María Moya, directora de Prodigioso Volcán. A cita, enmarcada dentro das actividades profesionais do festival, abordará os retos e oportunidades da produción cultural desde Galicia, e o papel de empresas que impulsan proxectos artísticos con identidade propia e vocación internacional.
En 2024, o festival foi recoñecido polo Observatorio de la Cultura como unha das novidades culturais máis destacadas do ano, e consolídase así como un encontro de referencia entre o humor, a música, a palabra e a ilustración. Con propostas para todos os públicos, o Hematofesti 2025 encherá Vigo de humor e creatividade.
NOTICIAS RELACIONADAS
‘A Lacena Pequena’ chega a Triacastela cunha programación arredor do patrimonio e a natureza
A programación inclúe unha exposición de Ana Carballo, unha conferencia do antropólogo Rafael Quintía, unha degustación de produtos locais e actuacións de danza e música tradicional.
‘Territorio Regueifa’ chega hoxe ao Val do Ubra cunha función de balde
O Auditorio Municipal acolle ás 20.30 h unha nova representación do espectáculo, protagonizado por Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira. A xira continuará en novembro con dúas citas en Barakaldo e Ames.
A Lacena Pequena chega á Rúa cunha xornada arredor da memoria, as festas e o viño
A programación do 3 de outubro percorrerá a historia das celebracións da localidade, a tradición vitivinícola de Valdeorras e a música popular. A xornada contará con conversas, poesía, unha cata de viños e cantos de taberna.



