Ainé estrea novas oficinas na Coruña
O equipo da produtora traballa desde comezos deste ano nunha nova sede na rúa María Puga Cerdido, no barrio de Matogrande, deseñada polo arquitecto César García Piñeiro, do estudio ELÓ? e director da Mostra de Arquitectura Rural MARCO, en Vedra.
Ainé e Undodez estrean novas instalacións no barrio coruñés de Matogrande. Desde comezos deste ano o equipo das produtoras concentra a súa actividade nunhas novas oficinas de dúas prantas no número cinco de María Puga Cerdido, a pé de rúa, onde desenvolven o traballo diario as áreas de administración, contidos, comunicación e parte do equipo de produción.
O estudio ELÓ?, dirixido polo arquitecto César García Piñeiro, tamén responsable da Mostra de Arquitectura Rural MARCO, é o autor dun proxecto de reforma no que traballaron desde o pasado outono diferentes empresas locais: a carpintería Alfonso García González, Cristalería Bello (carpintería metálica e cristais), Iván Mira (albanelería), Aplidec2003 (pintura e aplicacións), Clifrimen (climatización), Sagova (electricidade) e Mástil (rotulación).
As novas instalacións contan cun espazo aberto con doce postos de traballo na planta baixa, e de dúas salas de de reunións e traballo na planta superior. O local conta coas medidas máis avanzadadas de eficiencia enerxética, e con luz natural tanto desde a fachada como no interior.
Unha pantalla de 100 pulgadas recolle, ademais, a actualidade relacionada co traballo das produtoras na entrada das oficinas, sumando un novo soporte de comunicación.
A sede principal de Ainé e Undodez compleméntase coas instalacións da produtora no Polígono Industrial de Bergondo, con almacén e oficinas (seis postos de traballo, espazo de reunións e ensaios), onde traballa cada día parte do equipo de produción.
NOTICIAS RELACIONADAS
Xosé A. Touriñán recibe o Premio de Honra Manuel Lourenzo de Feteagal
O recoñecemento foi entregado o pasado sábado no Teatro Colón da Coruña, durante a gala dos I Premios Feteagal Manuel Lourenzo do Teatro Amador Galego.
Vedra, Boqueixón, A Rúa, Portas e Triacastela, as cinco paradas do primeiro percorrido de ‘A Lacena Pequena’
A primeira parada do proxecto será en Ponte Ulla, onde a Lacena desenvolverá unha programación cultural durante os días 18 e 19 de setembro. A iniciativa continuará posteriormente por concellos de menos de 5.000 habitantes.
‘A Lacena Pequena’ comeza en Vedra a súa primeira viaxe
O proxecto itinerante impulsado por Ainé e E-ló Arquitectura levará programación cultural a pequenos núcleos de poboación e dará a coñecer mañá en Ponte Ulla as cinco paradas do seu primeiro percorrido.



