Un monólogo moi persoal no que o cómico nos leva da man facendo un percorrido polos momentos chave do seu camiño vital e cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados.
Ainé é unha das produtoras de artes escénicas máis relevantes de Galicia. Levamos aos escenarios os espectáculos máis exitosos da historia do teatro galego, por crítica e número de espectadores.
Traballamos pensando no público, comprometidos coa promoción do galego e a creación de estruturas estables na industria cultural.











